Miranda visita os centros galegos da Comunidade de Madrid e asiste ao concerto benéfico do Nadal

O secretario xeral da Emigración completa así percorrido polas comunidades galegas en zonas cun elevado número de residentes galegos e galegas.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013.

A piques de cumprir o seu primeiro ano no posto, o secretario xeral da Emigración completa o percorrido polas Comunidades Autónomas cos principais continxentes de residentes galegos e galegas cunha visita aos centros e casas das cidades da periferia de Madrid, e da propia capital, se ben xa noutras ocasións visitara algúns destes centros.

En primeiro lugar, asiste este venres á noite ao tradicional concerto benéfico organizado polo Club de Periodistas Galegos en Madrid, e no que participan os centros da diáspora en Alcalá de Henares, Villalba de Madrid, Móstoles, Alcobendas, ademais da propia Madrid, no Centro Cultural Eduardo Úrculo. Trátase dun evento anual solidario, unha proba máis da capacidade e vontade de integración dos galegos e galegas na capital española.

Rodríguez Miranda aproveitará despois a súa estadía para coñecer fisicamente as sedes das comunidades galegas nas cidades da periferia madrileña, e saudar persoalmente ás socias e aos socios dos centros de Móstoles e Alcobendas, ademais do de Fuenlabrada, antes de regresar a Galicia.

829 lecturas