Feijóo avoga pola coprodución como a mellor fórmula para que a industria audiovisual galega acade maior proxección internacional e xere sinerxías culturais con outros países

O titular da Xunta presidiu hoxe na Habana a presentación da longametraxe de animación en 3D “Meñique”, unha coprodución cubano-galega.

Asegura que esta película “é froito da colaboración e a integración de equipos humáns e tecnolóxicos de Cuba e Galicia”, e representa “unha excelente oportunidade” para posicionar de maneira vantaxosa a produción cultural de ambas as dúas rexións nun mercado difícil, competitivo e, ata o de agora, copado por producións de moi poucos países.

Considera que a coprodución revélase como “unha fórmula de éxito porque non só garante a viabiliade dun proxecto senón, tamén, porque achega maiores oportunidades para a súa distribución e difusión internacional”.

Lembra que a Xunta desde sempre quixo acompañar á industria cultural galega cun ambicioso plan de internacionalización para o sector audioviosual que, mediante o apoio económico e institucional, facilita a presenza das nosas producións nos principais mercados e feiras do exterior.

Meñique é mostra de que dous territorios tan distantes como son Cuba e Galicia poden asumir conxuntamente retos en apariencia maiúsculos pero perfectamente abarcables cando se afrontan desde a colaboración, o inxenio e o traballo ben feito”, subliña.

  • Na imaxe, o titular da Xunta participa nunha ofrenda floral ante o monumento a José Martí
    Na imaxe, o titular da Xunta participa nunha ofrenda floral ante o monumento a José Martí
  • Imaxe do acto de presentación da coprodución galego-cubana 'Meñique', filme de animación en 3D
    Imaxe do acto de presentación da coprodución galego-cubana "Meñique", filme de animación en 3D
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 6 de decembro de 2013.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou hoxe que a coprodución é a mellor fórmula para que a industria audiovisual galega acade maior proxección internacional e xere sinerxías culturais con outros países. Así o manifestou no acto de presentación á prensa da longametraxe de animación en 3D Meñique, realizada entre os estudos do Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC) e a productora galega Ficción Producciones, coa financiación da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España.

O mandatario galego recoñeceu que esta película “é froito da colaboración e a integración de equipos humáns e tecnolóxicos de Cuba e Galicia”, e representa “unha excelente oportunidade” para posicionar de maneira vantaxosa a produción cultural de ambas as dúas rexións nun mercado difícil, competitivo e, ata o de agora, copado por producións de moi poucos países.

A fórmula da coprodución, dixo, revélase, pois, como “unha fórmula de éxito porque non só garante a viabiliade dun proxecto senón, tamén, porque achega maiores oportunidades para a súa distribución e difusión internacional”. Nesta liña, asegurou que nestes tempos de dificultades o mellor xeito de dar visibilidade ao potencial creativo das e dos profesionais do audiovisual en Galicia é, precisamente, axudándolles a “explorar novas oportunidades no eido internacional”, ampliando as redes de proxección da nosa industria cultural.

Feijóo lembrou, neste punto, que a Xunta de Galicia desde sempre quixo acompañar á industria cultural galega cun ambicioso plan de internacionalización para o sector audioviosual que, mediante o apoio económico e institucional, facilita a presenza das nosas produccións nos principais mercados e feiras do exterior.

Así pois, manifestou que a presentación desta longametraxe é consecuencia dun “proceso de interacción entre a cultura galega e a cubana” que nos permite exhibir con maior eco no exterior o talento das e dos nosos creadores pero que, á vez, “dun modo bidireccional, tamén propicia a xeración de sinerxías e o enriquecemento mutuo entre ambos os dous territorios”.

Unha historia de superación con apelidos galegos e cubanos
“Presentar esta longametraxe representa todo un hito porque é a primeira película de animación en tecnoloxía 3D coproducida entre profesionais galegos e cubanos”, resaltou, logo de recoñecer as dificulades que entraña sacar adiante un proxecto audiovisual destas características e o minucioso traballo que require, tanto polos seus custes como polas complicacións técnicas que comporta.

Meñique representa a forza dunha obra cando se afronta con empeño e desde a humildade, sorteando os obstáculos do camiño sumando recursos”, dixo. “É mostra de que dous territorios tan distantes como son Cuba e Galicia poden asumir conxuntamente retos en apariencia maiúsculos pero perfectamente abarcables cando se afrontan desde a colaboración, o inxenio e o traballo ben feito”, subliñou. Trátase dun filme, engadiu, co que constatar a superioridade dun traballo artístico cando se concibe desde a suma de talentos e se enriquece do intercambio cultural”.

Esta película, agregou, “é unha historia de superación con apelidos galegos e cubanos”, “resultado de fusionar técnica, arte e creatividade” a ambos os dous lados do océano, dixo. Segundo lembrou, con Meñique Galicia engade un novo éxito á industria da animación no noso país, que acompaña a títulos como El Bosque Animado, El sueño de una noche de San Juan, Copito ou Arrugas; e, Cuba, acada o reto de poder presentar a súa primeira longametraxe en 3D, asegurou.

Feijóo concluíu desexando que este sexa só “o primeiro chanzo de moitos éxitos compartidos entre o audiovisual cubano e o galego”, e expresou o seu convencemento en que “a cultura pode actuar como foco de enerxía, motor da sociedade do coñecemento e piar da proxección económica dun país”.

Espazo para a cultura na axenda da viaxe
O titular da Xunta presidiu a presentación deste filme nun acto previo ao encontro que manterá esta tarde coa colectividade galega e con membros doutras comunidades españolas residentes na Habana. Ademais, esta xornada de estadía na capital da illa terá un marcado carácter cultural porque Feijóo asistirá a un concerto do grupo galego Milladoiro no Teatro Nacional de Cuba.

792 lecturas