Novas
Buscador
- A Xunta convoca axudas de ata 10.800 euros para facilitar aos mozos e mozas a compra dunha vivenda no marco do novo Pacto Social 04.02.2021 audio O DOG publica unha orde de subvencións con 800.000 euros para adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de xente nova. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliña que unha das prioridades da Xunta para os vindeiros cinco anos en materia residencial serán as medidas e incentivos... Máis información
- Emigración abre o prazo de solicitude das 200 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para atraer aos mellores expedientes universitarios 03.02.2021 audio O DOG publica hoxe a nova liña de axudas que estará aberta ata o 30 de abril. Na nova convocatoria aumentarase o número de bolsas ata chegar ás 200 de cara a incentivar a que os galegos e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma. As bolsas sufragan viaxe, matrícula,... Máis información
- A Xunta convoca os cursos de galego preparatorios das probas Celga 2021 con máis de 1000 prazas en liña e presenciais 03.02.2021 audio Reserva a modalidade presencial para as aulas do Celga 3 e Celga 4, mentres que a en liña prepara os catro niveis que se poden acreditar mediante exame oficial. A presentación de solicitudes estará aberta desde mañá ata o vindeiro 24 de febreiro e os cursos darán comezo o 15 de marzo cunha carga lectiva de 70 horas. A Xunta de Galicia, por medio... Máis información
- As e os emigrantes retornados son prioritarios na nova orde de obradoiros de emprego aos que a Xunta destina 30,2M€ 02.02.2021 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde dos programas dirixidos ás e aos menores de 30 anos e mañá a destinada aos obradoiros duais. Os duais contarán cun orzamento de 23,1 millóns de euros para cualificar e favorecer o acceso laboral de 1.200 persoas desempregadas. Priorizarase ás persoas que teñan especiais dificultades de... Máis información
- As secretarías xerais da Emigración e Política Lingüística colaboran con Fundehsga nun programa formativo sobre a galeguidade no exterior 02.02.2021 audio O curso, que será on line, ten como obxectivo abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que este achegou tanto aos países de acollida como a Galicia. O prazo para a matrícula, con 150 prazas, xa está aberto e pechará o próximo 19 de marzo. As secretarías xerais da Emigración e Política Lingüística colaboran con Fundehsga (... Máis información
- A Xunta ve na futura Lei de recuperación da terra unha clara oportunidade para facilitar o retorno das e dos emigrantes e a súa incorporación activa ao sector primario 01.02.2021 audio O conselleiro do Medio Rural e o secretario xeral da Emigración mantiveron unha xuntanza co fin de concretar estes nichos de empregabilidade para as e os emigrantes retornados, pensando tamén na remuda xeracional das explotacións. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá, en San Caetano, unha reunión co ... Máis información
- Emigración destina 575.000 euros a axudas á realización de obras e adquisición de equipamentos das entidades galegas do exterior, adaptándoas ás circunstancias covid 01.02.2021 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que unha das novidades deste ano é que poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía. Ademais, ábrese a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de... Máis información
- A Xunta abre o prazo para solicitar 200 bolsas de excelencia para a mocidade galega no exterior 31.01.2021 audio Segundo informou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a convocatoria destas bolsas para mestrados universitarios estará aberta ata o 30 de abril. Para o novo curso aumenta o número de bolsas para incentivar que os galegos e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa residencia e a súa actividade laboral en... Máis información
- Inscrición no curso de teleformación titorizado para a obtención do CODIX (edición 1/2021) 30.01.2021 audio A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu este venres 29 de xaneiro o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada o xoves 28 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso... Máis información
- Emigración coordina co Xacobeo a participación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo 30.01.2021 audio Antonio Rodríguez Miranda e o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión cos responsables da entidade leonesa. O centro galego busca, a través de diversas accións, mostrar o patrimonio do Bierzo polo que discorre o Camiño de Santiago e a súa vinculación con Galicia. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
Páxinas |









