As secretarías xerais da Emigración e Política Lingüística colaboran con Fundehsga nun programa formativo sobre a galeguidade no exterior
O curso, que será on line, ten como obxectivo abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que este achegou tanto aos países de acollida como a Galicia.
O prazo para a matrícula, con 150 prazas, xa está aberto e pechará o próximo 19 de marzo.
As secretarías xerais da Emigración e Política Lingüística colaboran con Fundehsga (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia) na posta en marcha dun programa formativo sobre a galeguidade na diáspora.
O programa “Cultura Galega e Emigración: a galeguidade na diáspora” conta con tres cursos, o primeiro deles de iniciación, o segundo intermedio e o terceiro superior. O primeiro deles desenvolverase, vía on line, do 5 de abril ao 24 de maio e contará con 150 prazas.
A matrícula xa está aberta e pode efectuarse na web www.fundehsga.com por rigoroso orde de inscrición a través do formulario. O prazo rematará o 19 de marzo.
O obxectivo deste programa formativo é abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que este achegou tanto aos países de acollida como a Galicia. Cada un dos tres cursos cos que conta esa iniciativa está integrado por catro módulos nos que se abordará a historia e sociedade na Galicia da diáspora, o idioma e escritura galega así como as artes galegas no exterior, e o Camiño e camiños de Galicia no Mundo. O programa pode consultarse no seguinte enlace: https://www.fundehsga.com/formacion/.
Novas relacionadas