Novas
Buscador
- A Xunta salienta o respaldo que a Lei de Impulso Demográfico supón para o retorno como piar da atracción de nova poboación a Galicia 10.02.2021 audio A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, valoraron positivamente a efectividade das medidas da Estratexia Galicia Retorna orientadas á integración das familias galegas que regresan á comunidade. A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da... Máis información
- Emigración incrementa ata os 1,2M€ as axudas para o funcionamento e as actividades das entidades galegas do exterior ante as circunstancias covid 09.02.2021 audio En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina 800.000 euros ao funcionamento dos centros, duplicando as cifras do ano pasado de cara a paliar os problemas causados pola pandemia. Antonio Rodríguez Miranda, recorda que este ano poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía, e que se abre a convocatoria á... Máis información
- A Xunta destina 3,3M€ ao programa Aprol de Economía Social para o impulso de cooperativas e sociedades laborais e no que se prioriza ás e aos emigrantes retornados 09.02.2021 audio A Consellería de Emprego e Igualdade acaba de publicar as bases da convocatoria que prevé beneficiar a 120 cooperativas e a incorporación de 250 novos socios e socias. Como novidade, este ano poderán ser beneficiarias do programa as persoas asalariadas dunha empresa mercantil que se transforme en cooperativa ou sociedade laboral. O programa Aprol... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración acorda adiar o Día da Galicia Exterior para 2022 tras consultar á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas 08.02.2021 audio A reunión, que tivo lugar esta tarde, foi telemática, e estivo presidida polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A situación actual de pandemia foi a razón pola que este ente tomou a decisión de trasladar ao próximo ano a celebración de xeito que poidan acudir tódolos galegos e galegas do exterior que o desexen. O... Máis información
- A Xunta de Galicia investirá 4,6M€ en 111 cursos de formación para persoas desempregadas nos centros educativos de FP 08.02.2021 audio O obxectivo é impulsar a empregabilidade con estas iniciativas formativas que inclúen módulos específicos sobre igualdade, inserción laboral e sensibilización ambiental. Trátase de coordinar a oferta de formación profesional ás demandas do tecido industrial e produtivo da Comunidade. As e os emigrantes retornados interesados poderán optar a estes... Máis información
- Falece o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega 07.02.2021 audio O presidente da Xunta lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. José Ramón Ónega, director da Casa de Galicia en Madrid, faleceu nas últimas horas. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. Feijóo tense... Máis información
- Educación e Emigración destacan a integración inmediata das galegas e galegos retornados no sistema educativo galego 07.02.2021 audio Ambos departamentos autonómicos tamén destacaron a axilidade en Galicia da homologación dos títulos educativos non universitarios dos galegos e as galegas do exterior. Así mesmo acordaron dirixirse ao Goberno do Estado para reiterar a necesidade de axilizar a homologación de títulos universitarios, xa que este retraso obriga a caer no infraemprego... Máis información
- Emigración facilita información sobre a súa orixe familiar a 2.300 galegas e galegos do exterior 06.02.2021 audio A Secretaría Xeral, en colaboración coas cinco dioceses galegas, foron quen de dar resposta ás diferentes peticións de partidas de nacemento, bautismais, matrimonios ou defuncións. Case 2.300 galegas e galegos do exterior solicitaron documentación no último ano sobre a súa orixe familiar, ben a través da Secretaría Xeral da Emigración ou ben a... Máis información
- Emigración informa da posta en marcha dun novo programa da Xunta que permitirá rehabilitar aldeas do rural con acceso a servizos dixitais 05.02.2021 audio A Consellería do Medio Rural colaborará no Polo para a Transformación de Galicia que permitirá mobilizar fondos europeos para a transformación do rural. A Xunta actuaría sobre edificacións propiedade da administración autonómica ou dos concellos, aínda que tamén está a estudar a opción de destinar parte destes fondos a axudas a particulares para... Máis información
- Emigración realiza dúas xornadas técnicas con máis de 200 membros das entidades de Europa e América sobre as novas axudas para a realización de obras e adquisición de equipamentos 04.02.2021 audio Nestes encontros virtuais trasladóuselles que unha das novidades deste ano é que poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferenza pola súa tipoloxía e que se abre a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión. A Secretaría Xeral destina 575.000 euros á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e... Máis información
Páxinas |








