Emigración destina 575.000 euros a axudas á realización de obras e adquisición de equipamentos das entidades galegas do exterior, adaptándoas ás circunstancias covid

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que unha das novidades deste ano é que poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía. 

Ademais, ábrese a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á administración.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 1 de marzo
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 1 de marzo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2021.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 575.000 euros e que se destinará á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións.

Como novidades, este ano poderanse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

Ademais, nesta convocatoria, tamén cabe destacar que a Secretaría Xeral da Emigración inclúe unha nova liña de axudas para que as entidades poidan adquirir aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 1 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. En concreto, os demandantes poderán solicitar axudas para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

O secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda, destacou que “queremos chegar a todas as entidades nestes momentos de pandemia con todos os recursos dispoñibles”.

582 lecturas