Emigración coordina co Xacobeo a participación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo

Antonio Rodríguez Miranda e o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión cos responsables da entidade leonesa.

O centro galego busca, a través de diversas accións, mostrar o patrimonio do Bierzo polo que discorre o Camiño de Santiago e a súa vinculación con Galicia.

O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia, na sede da SXE en Compostela
O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia, na sede da SXE en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión para coordinar co Xacobeo a implicación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo. 

Esta reunión enmárcase dentro das diferentes liñas de colaboración que as entidades galegas do mundo queren poñer en marcha para potenciar e visibilizar o Xacobeo ao longo do presente ano e do 2022.

Na reunión estiveron presentes, por videoconferencia, o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, así como o presidente da entidade leonesa, Flaminio González Fernández, e o responsable de acción cultural da mesma, Diego Bello Fernández.

Un dos obxectivos dos programas que está a organizar este centro é dar a coñecer o patrimonio do Bierzo por onde discorre o Camiño de Santiago así como a súa vinculación con Galicia. 

761 lecturas