Rodríguez Miranda reúnese co CRE de Venezuela para coñecer a súa visión sobre a situación da colectividade española a través das e dos seus representantes

Imaxe da reunión celebrada na capital venezolana
Imaxe da reunión celebrada na capital venezolana
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 18 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas horas cos e coas representantes do CRE de Venezuela para coñecer a situación da colectividade española e, por tanto, da galega, así como das súas necesidades.

Miranda informoulles sobre os programas de axuda da Secretaría Xeral para as galegas e galegos  do exterior, e en concreto, para as e os galegos de Venezuela, así como lles trasladou a necesidade de axuda na difusión dos programas da Xunta en prol da emigración e do retorno aos posibles beneficiarios e beneficiarias. “Este contacto permanente permítenos enfocar axeitadamente os nosos programas acorde coas necesidades da xente do país”, matizou Rodríguez Miranda. 

442 lecturas