Miguel Souto conta a súa experiencia como bolseiro BEME, o que lle permitiu regresar a Galicia para atopar un emprego

As bolsas BEME están dotadas cunha contía que vai dos 7.000 aos 11.475 euros
As bolsas BEME están dotadas cunha contía que vai dos 7.000 aos 11.475 euros
MIGUEL SOUTO - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23.

Miguel Souto optou por solicitar unha bolsa BEME para cursar un mestrado na USC que lle permitira regresar a Galicia dende os Países Baixos a estudar e atopar un emprego na súa cidade de orixe, A Coruña.

291 lecturas