Santiago de la Iglesia Gil conta como a bolsa BEME lle facilitou poñer en marcha unha empresa en Galicia de consultoría ambiental tras regresar de México

O prazo para solicitar unha das 250 bolsas BEME está aberto ata o 29 de abril
O prazo para solicitar unha das 250 bolsas BEME está aberto ata o 29 de abril
SANTIAGO - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022.

Continúa aberta a convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que conta nesta ocasión con 250 prazas para que galegas e galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23.

Santiago de la Iglesia Gil conta como a bolsa BEME lle facilitou a especialización técnica a través dun máster na Universidade de Vigo para abrir unha empresa de consultoría ambiental tralo seu retorno de México, a través da que axudan a controlar o impacto ambiental nos cultivos das e dos pequenos agricultores e viticultores das Rías Baixas. 

188 lecturas