Novas
Buscador
- Miranda agradece o labor do Centro Galego de Núremberg en prol da colectividade residente nesta cidade alemá 27.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o Centro Galego de Núremberg, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios e socias, para coñecer a situación da colectividade española e galega nesta cidade así como as súas inquedanzas e necesidades. Rodríguez Miranda agradeceu a esta entidade, fundada... Máis información
- Miranda e o cónsul de España en Múnic visitan o Audi Museum Mobile de Ingolstadt acompañando ao Centro Español de Ingolstadt 27.05.2023 audio O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Museo de Audi de Ingolstadt, invitado polo grupo de automoción alemán. O vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, o español Xavier Ros, foi o anfitrión deste percorrido polas instalacións, nunha visita na que tamén estivo presente o cónsul xeral de España en Múnic, Ángel... Máis información
- O secretario xeral da Emigración asiste á proxección de “As bestas” no Forum Audi de Ingolstadt, dentro do ciclo de cine no que colabora o Centro Español desta localidade 27.05.2023 audio O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á proxección do filme hispano-francés As bestas, invitado polo Centro Español de Ingolstadt, que colabora no ciclo audiovisual CinEscultura de Regensburg. O acto desenvolveuse no Forum Audi da localidade alemá, e no mesmo estiveron presentes o cónsul xeral de España en Múnic,... Máis información
- O secretario xeral da Emigración asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt, á inauguración da Pfingstvolksfest na que participan os galegos e galegas desta localidade 26.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt á inauguración da Pfingstvolksfest (Festa de Pentecostés) na que tamén participan os galegos e galegas desta localidade. O responsable do departamento autonómico agradeceu a invitación ao alcalde, Cristian Scharpf, así como a boa acollida... Máis información
- Miranda traslada ao cónsul xeral de España en Múnic os programas de apoio ás entidades galegas en Alemaña e os destinados ao impulso ao retorno 26.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, no que se interesou pola situación da colectividade española e galega e lle trasladou os programas de apoio que destina a Xunta de Galicia para as entidades galegas en Alemaña así como os que se están a poñer en... Máis información
- 250 galegas e galegos retornados fórmanse para acceder a un posto de traballo por conta allea no programa de empregabilidade coordinado por Emigración e Ronsel 25.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nunha das actividades formativas que pon en marcha a Fundación Ronsel para axudar na inserción laboral e no coñecemento do mercado laboral galego para persoas galegas retornadas. O obxectivo é que estas persoas, moitas delas bolseiras BEME que están a estudar un máster... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” de maio documenta a prensa da emigración galega 25.05.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración... Máis información
- Miranda recibe a André Pires, do Centro Galego de Lisboa, quen peregrinou case 1.400 quilómetros ata Santiago co obxectivo de dinamizar esta entidade como promotora do Camiño 24.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu, xunto á subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, a André Pires, vogal do Centro Galego de Lisboa, á súa chegada a Santiago de Compostela, tras peregrinar case 1.400 quilómetros a pé, co obxectivo de dinamizar esta entidade como Centro... Máis información
- O delegado da Xunta na Arxentina asistiu á celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires 24.05.2023 audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu aos actos de celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires, no que participaron numerosas e numerosos galegos e descendentes de galegas e galegos afincados na capital arxentina. Neste acto, López Dobarro agradeceu o labor desta entidade... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai acompañou a andaina coa que se inaugurou a nova sinalización do Camiño de Santiago en Montevideo 24.05.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou nun tramo da andaina organizada pola Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, dende a mouteira situado na planta José Añón da empresa de transporte Cutcsa ata a que se atopa instalado na Praza Galicia na Rambla de Montevideo, en total uns vinte e cinco quilómetros. O... Máis información
Páxinas |









