Miranda e o cónsul de España en Múnic visitan o Audi Museum Mobile de Ingolstadt acompañando ao Centro Español de Ingolstadt
O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Museo de Audi de Ingolstadt, invitado polo grupo de automoción alemán. O vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, o español Xavier Ros, foi o anfitrión deste percorrido polas instalacións, nunha visita na que tamén estivo presente o cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, e representantes do Centro Español de Ingolstadt.
Ao remate da visita, o secretario xeral da Emigración agradeceu o apoio desta corporación ás iniciativas que o Centro Español de Ingolstadt realiza, como a proxección do ciclo CinEscultura de Regensburg, e especialmente ao vicepresidente de Recursos Humanos da firma, Xavier Ros. Nesta factoría de Audi desenvolveron o seu traballo moitos miles de españois e españolas, e particularmente galegas e galegos, ao longo da súa historia e, aínda hoxe, conta cunha presencia testimonial de traballadoras e traballadores do noso país. Polo tanto, tamén axudaron a conformar a historia desta marca. O Audi Museum Mobile inaugurouse en 2007, e conta con exposicións históricas de coches e motocicletas, así como paneis e elementos audiovisuais sobre a construción dos diferentes modelos desta coñecida marca.
Novas relacionadas