Miranda traslada ao cónsul xeral de España en Múnic os programas de apoio ás entidades galegas en Alemaña e os destinados ao impulso ao retorno

Miranda e Boixareu, durante a reunión desta mañá en Múnic
Miranda e Boixareu, durante a reunión desta mañá en Múnic
Listen to this page using ReadSpeaker
Múnic (Alemaña), 26 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, no que se interesou pola situación da colectividade española e galega e lle trasladou os programas de apoio que destina a Xunta de Galicia para as entidades galegas en Alemaña así como os que se están a poñer en marcha para impulsar o retorno dos galegos e galegas do exterior.

Antonio Rodríguez Miranda ofreceu a colaboración da Xunta de Galicia para traballar “man a man” en prol da colectividade española, e en particular, das e dos galegos. Deste xeito, aproveitou para solicitarlle o apoio do consulado para facer chegar á colectividade galega a nova Estratexia Retorna 2026 (ERG2026) recordándolle que ten como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas.

181 lecturas