O secretario xeral da Emigración asiste á proxección de “As bestas” no Forum Audi de Ingolstadt, dentro do ciclo de cine no que colabora o Centro Español desta localidade
O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á proxección do filme hispano-francés As bestas, invitado polo Centro Español de Ingolstadt, que colabora no ciclo audiovisual CinEscultura de Regensburg. O acto desenvolveuse no Forum Audi da localidade alemá, e no mesmo estiveron presentes o cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu, o vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, Xavier Ros, o director do ciclo, Pedro Álvarez, e as e os directivos do Centro Español de Ingolstadt,
O secretario xeral agradeceu a invitación do Centro Español e recordou que a proxección desta multipremiada película englóbase dentro dun ciclo que ten como obxectivo dar a coñecer en Alemaña o cine español e, por tanto, tamén o galego, xa que nas últimas semanas tamén se puideron ver filmes coma Valentina ou Unicorn Wars, realizadas en Galicia.
Novas relacionadas