O secretario xeral da Emigración asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt, á inauguración da Pfingstvolksfest na que participan os galegos e galegas desta localidade

  • Imaxe da inauguración da Pfingstvolksfest en Ingolstadt
    Imaxe da inauguración da Pfingstvolksfest en Ingolstadt
  • Imaxe da inauguración da Pfingstvolksfest en Ingolstadt
    Imaxe da inauguración da Pfingstvolksfest en Ingolstadt
Listen to this page using ReadSpeaker
Ingolstadt (Alemaña), 26 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt á inauguración da Pfingstvolksfest (Festa de Pentecostés) na que tamén participan os galegos e galegas desta localidade. O responsable do departamento autonómico agradeceu a invitación ao alcalde, Cristian Scharpf, así como a boa acollida desta bonita e próspera cidade do estado de Baviera ás e aos galegos que residen nela.

Trátase dun festival folclórico que se celebra dúas veces ao ano nesta cidade ás beiras do río Danubio, na primavera e no outono, e no que participa a práctica totalidade das e dos 136.000 habitantes desta localidade situada preto de Múnic. Esta festa lévase a cabo dende 1946.  

310 lecturas