Os informativos de A3 recollen a Estratexia Galicia Retorna como unha ferramenta imprescindible para conseguir o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega

A Estratexia Galicia Retorna 2026 duplica o orzamento da anterior, chegando ata os 450M€
A Estratexia Galicia Retorna 2026 duplica o orzamento da anterior, chegando ata os 450M€
Informativos de Antena 3
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023.

Os informativos da cadea nacional Antena 3 TV recolleron a  importancia da nova Estratexia Retorna, destacando que se trata dunha ferramenta imprescindible para que Galicia poida conseguir o regreso de profesionais cualificados e cualificadas que aporten unha vantaxe competitiva á sociedade galega.

A nova Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia ten como obxectivo afrontar o reto demográfico e facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior, con 100 medidas que poñen especialmente o foco no eido laboral, ao que se destinarán 175 millóns de euros ata 2026 para impulsar o emprendemento, a formación e o emprego das e dos galegos do exterior, destacando a iniciativa Cualifica Emprego na que colaboran as fundacións Venancio Salcines e Nortempo para atraer a 400 galegas e galegos do exterior cun contrato indefinido a Galicia. A nova estratexia duplica o orzamento do documento anterior chegando ata os 450M€.  Con este fin, potenciase tamén a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, con novas e novos técnicos de apoio no ámbito laboral e fiscal. 

184 lecturas