O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidirá en Ferrol a presentación da Estratexia Galicia Retorna 23-26 ante a sociedade galega

Estratexia Galicia Retorna 2023-2026
Estratexia Galicia Retorna 2023-2026
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, será o encargado de presidir a presentación ante a sociedade galega da nova Estratexia Galicia Retorna 23-26 mañá, ás 13 horas, no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol. Estará acompañado dos conselleiros de Economía, Educación, Emprego e Política Social, así como do secretario xeral da Emigración. No acto tamén participarán retornadas e retornados que exporán a súa experiencia, persoal técnico da administración que axudan na volta a Galicia, e empresas que ofrecen mentoring ás e aos  emprendedores retornados e traballan no sector da demanda do emprego.

Durante o acto, analizaranse as liñas básicas do que Galicia ofrece ás e aos retornados nos diferentes ámbitos e do que poden os retornados e retornadas achegar a Galicia. A Estratexia Galicia Retorna 23-26 conta cun orzamento inicial de 450 millóns de euros para desenvolver ata 100 medidas de apoio ao retorno, co obxectivo de axudar ao regreso a Galicia de 30.000 galegas e galegos do exterior nos próximos catro anos. 

441 lecturas