“Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta “regala” ás e aos máis pequenos un especial sobre a noite de Reis

A proposta de contacontos que desenvolveu este Nadal a Secretaría Xeral da Emigración pon o seu broche de ouro o próximo martes, día 5, cunha sesión especial dedicada á noite de Reis. 

A sesión correrá tamén a cargo de Polo Correo do Vento. 

O especial emitirase o vindeiro martes, 5 de xaneiro, ás 20:00 h
O especial emitirase o vindeiro martes, 5 de xaneiro, ás 20:00 h
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2021.

A Secretaria Xeral da Emigración pon o seu broche de ouro á proposta de contacontos desenvolvida durante este Nadal cunha sesión especial dedicada á noite de Reis que os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar dentro da Aula GaliciaAberta o próximo 5 de xaneiro de 20 a 21 horas de España. 

Deste xeito, o programa “Un Nadal de Contos” conclúe da man de Polo Correo do Vento, cunha sesión moi especial que será todo un regalo para as galegas e galegos do exterior máis pequenos, así como para tódolos nenos e nenas da comunidade autónoma. 

O contacontos da noite de Reis poderá verse, como vén sendo habitual, a través do Facebook Live, na Aula GaliciaAberta.

Todas e todos aqueles que non poidan velo en directo terán a oportunidade de visualizalo posteriormente nas redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración, e mesmo na súa web institucional (emigracion.xunta.gal), onde quedará colgado tan pronto finalice a actividade.

Ademais, cabe recordar que  tamén remata o concurso que puxo en marcha a Secretaría Xeral, en relación a este programa de contacontos, para as e os máis pequenos e que premiará aos 50 primeiros nenos e nenas que remitan polo menos 5 debuxos realizados ao longo de todas as semanas de emisión desta iniciativa de contacontos, polo menos un por cada semana de emisión. 

Deste xeito, poderán elixir entre os dous contacontos que se emiten cada semana para realizar o seu debuxo. Ao final, as e os 50 primeiros que completen a iniciativa recibirán unha gorra, unha mochila e unha camiseta co logo de Galicia e do Xacobeo.

Os pequenos e pequenas deberán facelas chegar á Secretaría Xeral da Emigración, a través do correo electrónico aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal. En breve daranse a coñecer os gañadores e gañadoras e publicaranse os debuxos enviados.

En imaxes
573 lecturas