Concurso "Un Nadal de Contos"
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o concurso "Un Nadal de Contos".
BASES: (picar aquí para descargar)
- O concurso terá como tema cada un dos dez programas da Aula GaliciaAberta, “Un Nadal de contos”, que se emitirán todos os mércores e sábados dende o 25 de novembro ata o 26 de decembro de 2020, ás 20:00 h, hora española.
- Os nenos e nenas poderán realizar as súas creacións relacionadas con cada unha das dez actividades e facelas chegar semanalmente á Secretaría Xeral da Emigración, a través do correo-e aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal.
- Publicaranse na web https://emigracion.xunta.gal todos os debuxos recibidos.
- Os debuxos deberán ser remitidos ao final de cada semana de emisión. Ao finalizaren as cinco semanas de emisión, aquelas e aqueles 50 primeiros participantes que teñan entregado alomenos un debuxo por cada semana, recibirán un agasallo composto por unha mochila, un polo e unha gorra.
- Os debuxos só estarán identificados co nome, coa idade do neno ou nena que os realice e co país dende onde envía o debuxo.
- No correo no que se remitan os debuxos deberá identificarse co nome, apelidos, dirección postal do neno ou da nena que remite o debuxo e a autorización do pai ou da nai para poder participar neste concurso. Só participarán no concurso aqueles debuxos recibidos de nenos e nenas residentes fóra de Galicia. Estes datos utilizaranse só a efectos de localizar aos gañadores e as gañadoras do concurso. Rematado o concurso, os datos serán destruídos.
- Todos os debuxos recibidos pasarán a ser propiedade da Secretaría Xeral da Emigración, reservándose todos os dereitos sobre os mesmos.
- Os gañadores e gañadoras virán determinados pola orde de entrada do email cos debuxos que se remitan, é dicir, os 50 primeiros que completen alomenos 5 debuxos que inclúan todas as semanas de emisión.