Un Nadal de Contos - Aula GaliciaAberta
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza Un Nadal de Contos, un programa en liña co obxectivo de promover a cultura galega entre os/as máis pequenos/as da Galicia do exterior nestas datas do Nadal.
Destinatarios/as - Participantes:
- Os/as cativos/as, e tamén os/as máis maiores, asistirán a un contacontos ilustrado e musicado e cantado a través do que coñecerán e aprenderán a debuxar historias que terán como protagonistas o Nadal, o Camiño de Santiago, a nosa lingua, o patrimonio arqueolóxico etc.
- É de carácter gratuíto e non precisa inscrición
Datas e horarios do programa: os mércores e sábados, do 25 de novembro ao 26 de decembro, ás 20:00 h.
Emisión das clases: a través de Facebook Live
Estrutura das sesións: "Un Nadal de contos" desenvolverase da man de Polo Correo do Vento. Mentres Carlos Taboada debuxa a historia, o músico Antón Ké cantará o conto. Posteriormente, unirase Kike Mauricio Iglesias para continuar contando as historias centradas na nosa historia, no Xacobeo e por suposto, no Nadal.
Concurso "Un Nadal de Contos": picar aquí para acceder
Materiais para a preparación do programa: lapis e papel
- Programa 1 (25.11.2020): Petra, unha artista na Idade do Bronce. Unha historia de petróglifos.
- Programa 2 (28.11.2020): Protexendo o Camiño. Iago e Peregrina teñen unha misión: protexer o Camiño de Santiago.
- Programa 3 (02.12.2020): A detective Peregrina e o misterio do torque. Grazas a e este misterio coñeceremos o mundo castrexo.
- Programa 4 (05.12.2020): Do que aconteceu no canellón do gato. Esperpento e amor pola literatura...
- Programa 5 (09.12.2020): Ollando as estrelas. Unha misión galega para coñecer o sistema solar.
- Programa 6 (12.12.2020): O tesouro do pirata Benito Soto. Aventuras para descubrir o tesouro deste pirata galego.
- Programa 7 (16.12.2020): A volta ao mundo de Working Wheels. Rompendo as barreiras da discapacidade para dar unha volta ao mundo.
- Programa 8 (19.12.2020): Mario pensaba que o galego non servía para nada.
- Programa 9 (23.12.2020): O misterio do Nadal.
- Programa 10 (26.12.2020): Un Nadal na praia.
- Programa especial (05.01.2021): A noite de Reis.
Programas xa emitidos: picar aquí para acceder
Máis info: emigracion.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube | Correo-e: aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal
