Miranda lembra en esRadio que segue aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor que apoia economicamente os novos proxectos empresariais das e dos galegos que apostan polo regreso a Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou en esRadio Galicia que a Xunta de Galicia mantén nestes intres aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través das que se busca apoiar os novos proxectos empresarias de aqueles galegos e galegas que apostan polo regreso a Galicia. O prazo para poder solicitar esta colaboración económica remata o 29 de setembro, e os beneficiarios e beneficiarias poden obter entre 6.000 e 10.000 euros.
Ata o momento, e dende a posta en marcha desta iniciativa de apoio ás e aos galegos emprendedores, a Secretaría Xeral da Emigración axudou ao impulso de máis de 600 proxectos de galegas e galegos retornados. As persoas interesadas poden coñecer máis datos a través desta ligazón. Por outra banda, durante a súa intervención, o secretario xeral tamén recordou que as axudas extraordinarias ao retorno están tamén abertas nestes intres, ata finais de setembro, e que teñen como obxectivo apoiar aos galegos e galegas que regresan durante o seu período de adaptación a nosa sociedade.
Novas relacionadas