O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor remata o próximo 30 de setembro, tal e como explicou en esRadio o secretario xeral da Emigración

Antonio Rodríguez Miranda, nos estudios de esRadio Galicia
Antonio Rodríguez Miranda, nos estudios de esRadio Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o estudio de gravación de esRadio, en Santiago de Compostela, onde recordou que as Axudas Retorno Emprendedor desta institución están abertas ata o 30 de setembro. O obxectivo deste apoio ao emprendemento é apoiar a posta en marcha de iniciativas empresariais dos galegos e galegas do exterior que retornan a Galicia. Trátase dunha axuda económica de 6.000 euros que aumenta en mil euros máis se a que emprende é muller, e a 3.000 máis se se realiza nun concello do rural.   

O secretario tamén destacou que, dende que este programa se puxo en marcha, a Xunta investiu algo máis de 4M€, pero o impacto económico para Galicia foi máis de 32M€, chegando a 600 negocios axudados, “por cada euro que a axuda dá para poñer en marcha un negocio, os beneficiarios multiplican por oito o investimento”, comentou Miranda.  As e os interesados poden ampliar información nesta ligazón.

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar
320 lecturas