Emigración mantén aberto o prazo para solicitar a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para galegas e galegos retornados

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 29 de setembro
O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 29 de setembro
Alejandro Rincón - Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración lembra, a través da historia do galego retornado de Venezuela, Alejandro Rincón, que mantén aberta a convocatoria da nova liña de Axudas ao Retorno Emprendedor que permite aos galegos e galegas que regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento do seu negocio con ata 10.000 euros de subvención. 

No seguinte vídeo, Rincón relata a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dunha empresa dedicada á fabricación de queixos artesanais en Boimorto. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 29 de setembro. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea) ou nesta ligazón.

189 lecturas