Miranda lembra en Cope Ourense o novo servizo de Fiscal Básico posto en marcha na Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou nunha entrevista realizada na Cadena Cope de Ourense que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na rúa Concello, intensifica a súa aposta pola atención nesta oficina cun servizo fiscal e tributario básico, ao que se suma a potenciación da atención laboral. A labor desta oficina céntrase no acompañamento e axuda aos galegos do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida.
Tamén lembrou que a Xunta de Galicia mantén nestes intres aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor a través das cales búscase apoiar aos novos proxectos empresarias de aqueles galegos que apostan polo regreso a Galicia. O prazo para poder solicitar esta colaboración económica remata o 29 de setembro, e os beneficiarios poden obter entre 6.000 e 10.000 euros. Os interesados poden coñecer máis datos a través da seguinte ligazón: Subvencións para promover o autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega para o ano 2023. Tamén se atopan abertas nestes intres as axudas extraordinarias ao retorno, que teñen como obxectivo apoiar aos galegos que regresan durante o seu período de adaptación a nosa sociedade.
Novas relacionadas