Emigración lembra que segue aberta a liña de axudas ao Retorno Emprendedor que facilita ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial en Galicia

A historia da galega retornada do Brasil, Eliana Ventura, que publica hoxe a web Galiciaaberta, é un exemplo do apoio da Xunta ao regreso a Galicia para a posta en marcha dun negocio nun concello rural, As Neves.

Os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia.

Emigración lembra que sigue aberta a liña de axudas ao Retorno Emprendedor que facilita ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial en Galicia
Emigración lembra que sigue aberta a liña de axudas ao Retorno Emprendedor que facilita ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial en Galicia
Eliana Ventura - Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración mantén aberta a convocatoria das axudas ao Retorno Emprendedor que conta cun orzamento dun millón de euros e que pode chegar a supoñer un apoio económico de ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial. A historia da galega retornada do Brasil, Eliana Ventura, é un exemplo da importancia que estas axudas teñen para a inserción dos galegos do exterior na nosa sociedade.

A páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, Galiciaaberta, publica hoxe a historia desta emprendedora, que regresou a Galicia a través dunha bolsa de Excelencia Mocidade Beme dende Brasil, para ampliar os seus estudos na UVigo, e posteriormente decidiu apostar por Galicia abrindo unha academia de inglés e portugués en As Neves, colaborando así no impulso económico e social de un concello do rural pontevedrés.

Estas axudas destínanse aos galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nados na Galicia territorial ou nos seus países de destino, e teñen como obxectivo poder sufragar gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro.

As axudas serán de 6.000 euros, aumentable en 1.000 se a beneficiaria é muller, e outros 3.000 se a empresa se pon en marcha nun concello do rural. Deste xeito, unha persoa solicitante pode chegar ata os 10.000 euros de apoio para a posta en marcha do seu negocio, de maneira que poida fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así, ademais, o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.
    
Este tipo de iniciativas facilitan o acollemento a quen desexa iniciar unha nova vida en Galicia, recordando que os interesados tamén poden informarse de todo tipo de axudas ao retorno nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situadas nas principais cidades galegas.

245 lecturas