Miranda lembra en esRadio a aposta da Xunta polo apoio á empregabilidade como ferramenta para potenciar o retorno dos galegos e galegas do exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou en esRadio Galicia, a aposta da Xunta de Galicia por potenciar o retorno dos galegos e galegas do exterior como ferramenta para loitar contra o saldo demográfico negativo. Neste senso, insistiu que a nova Estratexia Retorna 2026 (ERG2026) é unha ferramenta esencial “para axudar as familias galegas do exterior que desexan retornar”.
O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, duplicando tanto o orzamento inicial como as medidas a aplicar polo conxunto de todos os departamentos galegos, que roldará as 100 iniciativas. Durante a entrevista o secretario xeral insistiu na importancia que para a Xunta de Galicia teñen as iniciativas baseadas na formación e potenciación da empregabilidade, tanto por conta allea coma propia, xa que é un dos elementos básicos para potenciar o retorno.
- Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar
Novas relacionadas