Miranda asiste aos actos da tradicional celebración do Centro Español Apostol Santiago de Liechtenstein
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na celebración do tradicional encontro de socias e socios do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein que tivo lugar no Spörryhalle, en Vaduz, capital deste Principado.
A celebración, que levaba sen poder celebrarse dous anos a causa da pandemia, contou con máis de 400 asistentes e diversas actuacións musicais, nunha xuntanza na que estiveron presentes as e os españois residentes no país, así como a propia colectividade galega. Con preto de 170 persoas asociadas, o Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein constituíuse no ano 1979, sendo un dos mais veteranos de Europa. A gran maioría das galegas e galegos residentes neste principado son oriúndos da zona da Costa da Morte.
Novas relacionadas