Miranda asiste aos actos da tradicional celebración do Centro Español Apostol Santiago de Liechtenstein

  • Imagen do evento celebrado hoxe na capital do Principado de Liechtenstein
    Imagen do evento celebrado hoxe na capital do Principado de Liechtenstein
  • Imagen do evento celebrado hoxe na capital do Principado de Liechtenstein
    Imagen do evento celebrado hoxe na capital do Principado de Liechtenstein
Listen to this page using ReadSpeaker
Vaduz (Liechtenstein), 12 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na celebración do tradicional encontro de socias e socios do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein que tivo lugar no Spörryhalle, en Vaduz, capital deste Principado.    

A celebración, que levaba sen poder celebrarse dous anos a causa da pandemia, contou con máis de 400 asistentes e diversas actuacións musicais, nunha xuntanza na que estiveron presentes as e os españois residentes no país, así como a propia colectividade galega. Con preto de 170 persoas asociadas, o Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein constituíuse no ano 1979, sendo un dos mais veteranos de Europa. A gran maioría das galegas e galegos residentes neste principado son oriúndos da zona da Costa da Morte.

395 lecturas