Miranda mantén un encontro co presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein para abordar iniciativas en favor da colectividade galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein, Manuel Figueroa, con quen analizou as actividades que a entidade vén desenvolvendo para promover a cultura e as tradicións galegas entre a colectividade residente neste principado, así como as iniciativas previstas para os vindeiros meses. Miranda destacou o papel do centro como un referente para os galegos asentados en Liechtenstein e agradeceu o compromiso da súa directiva por manter viva a identidade galega.
Durante a reunión, o secretario xeral reafirmou o apoio da Xunta ao labor que realiza esta entidade, fundada en 1979 e unha das máis veteranas de Europa. O Centro Español Apóstol Santiago reúne maioritariamente a galegos e galegas procedentes da Costa da Morte, converténdose nun punto de encontro esencial para fortalecer os lazos coa terra de orixe e transmitir ás novas xeracións a lingua, a cultura e as tradicións de Galicia.
Novas relacionadas




