Miranda felicita ao presidente do Centro Español de Liechtenstein e aos seus socios e socias pola posta en marcha dunhas novas instalacións modernas en plena pandemia

Miranda e Figueroa, durante a reunión no despacho do secretario xeral da Emigración
Miranda e Figueroa, durante a reunión no despacho do secretario xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Manuel Figueroa, presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein, con quen analizou a recuperación da actividade do centro trala apertura das súas novas instalacións en Gamprin. 

Miranda felicitou tanto a Figueroa como aos seus socios e socias pola posta en marcha deste novo e moderno centro en plena pandemia.

No transcurso da reunión, o secretario xeral da Emigración trasladoulle a Figueroa o seu compromiso de asistir á inauguración oficial da nova sede dos galegos e galegas de Liechtenstein, “que foi executada grazas ao seu esforzo e o seu compromiso coa comunidade situada neste país europeo. Este é un exemplo perfecto de que cando se traballa en conxunto pódense conseguir grandes cousas”.

O secretario xeral insistiu no feito de que “os galegos seguen a dar exemplo da preocupación polos seus, facilitándolle os medios necesarios para gozar do tempo de lecer, ofrecéndolles un espazo no que se pode desfrutar da cultura galega en compaña da súa colectividade abrindo as portas da nosa identidade a toda a cidadanía do país”.

Con case 170 persoas asociadas, o Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein constituíuse no 1979. 

972 lecturas