Galería de fotos: Os Centros Galegos do Exterior proxectan o filme “Cuñados” dentro do Ciclo Mestre Mateo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022.

A película “Cuñados” chegou as salas dos centros galegos do exterior dentro do ciclo Mestre Mateo, que retomou así, tralo descanso do verano, a súa andaina polas entidades. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración,  Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten coma obxectivo achegar aos galegos do exterior os documentais e films premiados na última edición dos premios do cine de Galicia.

O Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, o cine B-Ware de Berlín, o Centro Gallego de Tarragona, o de Montevideo, o Lar Gallego de Sevilla, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Gallego de Madrid, e o Centro Galicia de Bos Aires contaron con numeroso público que trasladou a súa satisfacción pola película, que foi calificada moi positivamente polos asistentes.

205 lecturas