Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 23 de abril a segunda película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e Academia Galega do Audiovisual

O documental 'A Virxe Roxa' proxectarase en oito cidades de España, Europa e América
O documental "A Virxe Roxa" proxectarase en oito cidades de España, Europa e América
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2022.

Oito centros galegos do exterior continúan o próximo 23 de abril coa proxección das películas e documentais finalistas aos XX Premios Mestre Mateo grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual.  A Virxe Roxa, gañador na categoría de Mellor Documental dos Premios Mestre Mateo deste ano, será o filme elixido nesta ocasión. 

O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega 'De Berlín Son', o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona serán as entidades que organizarán as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, que terán unha periodicidade mensual de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer, fóra de Galicia, o labor do sector audiovisual galego. De maneira excepcional, o Lar Gallego de Sevilla proxectará nesta ocasión a cinta o día anterior, o 22 de abril, e o Centro Gallego de Madrid farao o luns 25.

311 lecturas