O Ciclo Mestre Mateo retoma a súa andaina polas entidades galegas do exterior coa proxección da película “Cuñados”
O Ciclo Mestre Mateo retoma, tralo descanso do verán, a súa andaina polas entidades galegas do exterior coa proxección da película Cuñados, protagonista do mes de setembro. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia.
O cine b-ware! Ladenkino de Berlín, o Centro Galego de Tarragona, o Centro Gallego de Montevideo, o Lar Gallego de Sevilla e a Hermandad Gallega de Venezuela proxectarán o próximo sábado, día 17, esta comedia galega. Posteriormente será proxectada o 21 no Centro Gallego de Madrid e, finalmente, o 24 no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres e no Centro Galicia de Bos Aires.
Novas relacionadas