O Ciclo Mestre Mateo proxecta nas entidades galegas do exterior este mes a película “Tres”

'Tres' é o filme do mes de novembro do Ciclo Mestre Mateo
"Tres" é o filme do mes de novembro do Ciclo Mestre Mateo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2022.

O Ciclo Mestre Mateo continúa este mes desenvolvéndose nos centros galegos do exterior, nesta ocasión co filme Tres.  O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e películas premiadas na última edición dos premios do cine de Galicia.  

O filme, un thriller psicolóxico dirixido por Juanjo Giménez, conta a historia dunha moza que traballa como técnico de son que empeza a darse conta que está a perder o oído.  A película poderase ver nos próximos días no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, no Centro Galego de Tarragona, no Lar Gallego de Sevilla, no cine b-ware de Berlín, no Centro Gallego de Montevideo, na Hermandad Gallega de Venezuela e no Centro Gallego de Madrid. Finalmente, tamén se poderá ver no Centro Galicia de Bos Aires.

132 lecturas