O Ciclo Mestre Mateo chega esta fin de semana ás entidades galegas do exterior coa proxección da película “Malencolía”

O filme “Malencolía” proxéctase este mes de outubro en oito cidades de España, Europa e América
O filme “Malencolía” proxéctase este mes de outubro en oito cidades de España, Europa e América
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022.

O Ciclo Mestre Mateo continúa esta fin de semana desenvolvéndose nos centros galegos do exterior, neste caso coa proxección da película Malencolía, protagonista do mes de outubro. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración,  Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia.  

O filme xa puido contemplarse nos pasados días no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres e no Centro Galego de Madrid. Este sábado 22 chegará ao cine Babylon de Berlín, o Centro Galego de Tarragona, o de Montevideo, o Lar Gallego de Sevilla e  ao Centro Galicia de Bos Aires. A Hermandad Gallega de Venezuela proxectará a película o vindeiro xoves 27. 

177 lecturas