Ciclo Mestre Mateo - Os Centros Galegos do Exterior proxectan o filme “Cuñados”
A película “Cuñados” chegou as salas dos centros galegos do exterior dentro do ciclo Mestre Mateo, que retomou así, tralo descanso do verano, a súa andaina polas entidades. O Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, o cine B-Ware de Berlín, o Centro Gallego de Tarragona, o de Montevideo, o Lar Gallego de Sevilla, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Gallego de Madrid, e o Centro Galicia de Bos Aires contaron con numeroso público que trasladou a súa satisfacción pola película, que foi calificada moi positivamente polos asistentes.










