As galegas e galegos retornados poden presentar aínda as súas solicitudes á liña de Axudas ao Retorno Emprendedor

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro
O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro
Alberto Jurjo - Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, como Alberto Jurjo, regresaron á súa terra de orixe poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención. 

No seguinte vídeo, este retornado do Reino Unido e Canadá, que reside actualmente en Cambados (Pontevedra), conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia da súa empresa de baterías con ultracapacitadores para aparatos de aviación, Enercraft, situada en Sanxenxo. O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. Os interesados e interesadas tamén poden consultar estas axudas nas oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).

623 lecturas