A Secretaría Xeral da Emigración recorda que continúa aberta a liña de axudas ao retorno emprendedor

O prazo de solicitude destas axudas da SXE remata o 30 de setembro
O prazo de solicitude destas axudas da SXE remata o 30 de setembro
Andrés Rodiño - Axudas ao retorno emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, coma Andrés Rodiño, regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención.

No seguinte vídeo, este retornado galego de Escocia que reside actualmente en Portonovo (Sanxenxo), conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha dunha empresa de visitas turísticas, ‘Rooteiro’. O programa de axudas para emprendedoras  e emprendedores retornados conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (Iniciativa apoiada pola Unión Europea).

966 lecturas