Emigración anima aos retornados emprendedores a solicitar a súa liña de axudas para a posta en marcha de novas liñas de negocio

Emigración anima aos retornados emprendedores a solicitar a súa liña de axudas para a posta en marcha de novas liñas de negocio
Emigración anima aos retornados emprendedores a solicitar a súa liña de axudas para a posta en marcha de novas liñas de negocio
Roselyn Alamilla - Axudas ó retorno emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que segue aberta a liña de axudas ao emprendemento dos retornados. Estas axudas, que poñe en marcha a Secretaría Xeral da Emigración, permite que galegos coma Roselyn Alamilla, que regresaron  a súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, poidan sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 8.000 euros de subvención.

No seguinte vídeo, esta retornada galega de Venezuela e que reside actualmente en Lugo, conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha dunha multiltenda. O programa de axudas para emprendedores retornados "Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega para o ano 2021" conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á Covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. Os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retornado da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (Iniciativa apoiada pola Unión Europea).

1198 lecturas