Continúa aberta a liña de axudas ao Retornado Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración

Continúa aberta a liña de axudas ao Retornado Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración
Continúa aberta a liña de axudas ao Retornado Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración
Manuel Germade - Axudas ó retorno emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento dos retornados  que permite aos galegos que, coma Manuel Germade, regresaron a súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 8.000 euros de subvención.

No seguinte vídeo, este retornado galego do Xapón que reside actualmente en Bueu, conta a súa experiencia no retorno. O programa de axudas para emprendedores retornados "Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega para o ano 2021" conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á Covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. Os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retornado da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (Iniciativa apoiada pola Unión Europea).

876 lecturas