Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega para o ano 2021

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

813 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 12 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
29.03.2021
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto:
Convocar dúas liñas de subvencións  dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:

  • Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:  teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
  • Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a  compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos

  1. Requisitos comúns para as dúas liñas de subvencións que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:
    a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3. 
    b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
    c) Estar de  alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
    d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
    f) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  2. Requisitos específicos:
    a) Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:
    - Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído e que a persoa solicitante non fora beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

    b) Liña 2  subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego:
    Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.
b.2)  Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

Contía  da subvención:

  1. Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:
    Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos/as seus/súas descendentes que se establezan na Comunidade autónoma galega, establécese unha contía da subvención de  5.000 euros.
    O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
    a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
    b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste)  estea situado nun concello rural: 2.000 euros.
    O importe máximo da subvención concedida ao abeiro desta convocatoria será de 8.000 euros.
  2. Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego :
    As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación da documentación:

  1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través  do formulario normalizado (anexo I)  dispoñible  na sede  electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no que se deberá indicar a liña de axudas que solicita.
  2. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismo de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal.chave365).
  3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
  4. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. 
  5. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
30.09.2021