Emigración lembra ás e aos emprendores retornados que desexen por en marcha unha nova iniciativa empresarial que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, como María Loira, regresaron a súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 8.000 euros de subvención.
No seguinte vídeo, esta retornada de Malta e orixinaria de Bueu, conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha dunha clínica dental na cidade de Pontevedra. O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. As persoas interesadas poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).
Novas relacionadas