Emigración recorda aos emprendedores retornados que desexen por en marcha unha nova iniciativa empresarial que continúa aberta a Liña de Axudas ao Retorno Emprendedor
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento dos retornados que ofrece un apoio económico inicial para os galegos que, coma María Loira, regresaron a súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio.
Como novidade, recordar que este ano a cantidade máxima de axuda aumentou ata os 10.000 euros. No seguinte vídeo, esta retornada de Malta e orixinaria de Bueu, conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha dunha clínica dental na cidade de Pontevedra.
Os interesados poden coñecer máis información na seguinte ligazón: Subvencións para promover o autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega para o ano 2022
Novas relacionadas