Emigración informa sobre como as e os emigrantes retornados deben xestionar a obtención do DNI

A segunda das 'Pílulas do Retorno' trata sobre o DNI
A segunda das "Pílulas do Retorno" trata sobre o DNI
Vídeo informativo sobre a obtención do DNI
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia.   

Deste xeito, hoxe publícase un novo vídeo no que se explica como e onde se pode tramitar o Documento Nacional de Identidade (DNI), básico para calquera trámite en España. As e os interesados na xestión deste documento deben recordar que o primeiro que deben facer é solicitar cita previa na Policía Nacional. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a oficina.emigracion@xunta.gal.

 

354 lecturas