Emigración informa sobre como as e os emigrantes retornados poden obter o subsidio de desemprego

A cuarta das 'Pílulas do Retorno' trata sobre o subsidio por desemprego
A cuarta das "Pílulas do Retorno" trata sobre o subsidio por desemprego
Vídeo informativo sobre o subsidio de desemprego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión, facilítase a da tramitación do subsidio de desemprego.

Neste novo vídeo explícase como e onde se pode xestionar esta posibilidade, sempre e cando a persoa retornada chegara a Galicia tras cesar na súa actividade anterior no país de orixe. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

 

251 lecturas