Emigración informa ás galegas e galegos retornados sobre os trámites para a xestión das súas contas bancarias
A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión explícase a xestión das contas bancarias para aqueles e aquelas que retornan a Galicia.
Nesta pílula apórtanse, entre outros, os datos básicos sobre como pechar unha conta no país de procedencia e cales son os camiños a seguir para abrir unha nova ou declarar movementos no estranxeiro. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.
Novas relacionadas