Emigración informa ás galegas e galegos retornados sobre os trámites necesarios para solicitar a tarxeta de residencia para parellas non comunitarias

A oitava das 'Pílulas do Retorno' trata sobre a xestión da tarxeta de residencia para as parellas das e dos retornados
A oitava das "Pílulas do Retorno" trata sobre a xestión da tarxeta de residencia para as parellas das e dos retornados
Vídeo informativo sobre a tarxeta de residencia para as parellas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión aportamos información sobre como solicitar a tarxeta de residencia para parellas non comunitarias de galegas e galegos retornados.

Nesta pílula atópanse os datos básicos sobre onde deben realizarse os trámites e a documentación necesaria que debe ser presentada. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

576 lecturas