Emigración expón a Estratexia Galicia Retorna recordando que Galicia é hoxe terra de oportunidades para os galegos e galegas do exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao programa Café de Redacción de Telemiño en Ourense onde explicou, acompañado de Diana Pereda, técnica da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense, e da emprendedora retornada Mariana Doldán, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna que ten como obxectivo facilitar o regreso dos galegos e galegas do exterior e a súa adaptación á sociedade galega.
Durante a conversa, Antonio Rodríguez Miranda asegurou que Galicia é “hoxe terra de oportunidades para os galegos no exterior”, e lembrou que a Estratexia conta con ata cen medidas de apoio, tanto transversais como específicas, nos eidos laborais, social, educativo e de orientación. “Trátase dun mecanismo de traballo do Goberno galego para dicirlles aos membros da nosa colectividade no exterior que poden volver, incluso coa súa familia, porque aquí estamos a traballar para facerlles as cousas máis sinxelas e que Galicia pode acollelos do mesmo xeito que foron acollidos no pasado polos países aos que foron”.
Novas relacionadas




