Emigración asina un convenio coa Asociación de ámbito provincial Umia-Ulla para información e asesoramento a persoas retornadas

Esta entidade presta servizos de asesoramento xurídico, administrativo e social a galegas e galegos que volveron á terra. 

  • Antonio Rodríguez Miranda e Celso Dominguez Búa, esta mañá en Santiago de Compostela durante a sinatura do convenio
    Antonio Rodríguez Miranda e Celso Dominguez Búa, esta mañá en Santiago de Compostela durante a sinatura do convenio
  • Antonio Rodríguez Miranda e Celso Dominguez Búa, esta mañá durante a sinatura do convenio na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
    Antonio Rodríguez Miranda e Celso Dominguez Búa, esta mañá durante a sinatura do convenio na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente da Asociación de Emigrantes Retornados Río Umia (AERU) -de ámbito de actuación na provincia de Pontevedra- Celso Dominguez Búa, asinaron esta mañá en Santiago un convenio entre as entidades que representan para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a galegos e galegas residentes no Exterior e que volveron á Galicia territorial.

O obxecto do acordo, dotado con 6.000 euros achegados integramente por Emigración, é que esta oficina poida realizar diversas actividades nos vindeiros meses, co gallo de ofrecer ás persoas que retornaron a Galicia información veraz e actualizada das axudas e oportunidades de retorno que están ao seu dispor.

A entidade ofrece un servizo integral á e ao retornado, que inclúe orientación e asesoramento xurídico, apoio na tramitación administrativa (actualización dos datos en materia de emprego, vivenda, sanidade, educación, prestacións sociais, pensións e axudas, traducións, etcétera) e mesmo no ámbito psicolóxico, a través de orientación personalizada de estratexias para unha mellor adaptación ao novo ámbito social e laboral

860 lecturas