Miranda mantén unha reunión de traballo co responsable da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU) para planificar a coloboración de cara aos próximos meses

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 4 de abril de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU), Celso Domínguez Búa, para planificar a colaboración da Xunta con esta entidade de cara a este ano. Este espazo ofrece un servizo de información e asesoramento en Caldas de Reis aos galegos do exterior que deciden regresar a Galicia, servindo de apoio esencial no seu proceso de retorno e adaptación. A oficina constitúe un punto de referencia na zona para centos de persoas que acoden en busca de respostas ás súas dúbidas administrativas, fiscais ou sociais, e que atopan en AERU un acompañamento profesional e próximo.

Miranda destacou o papel fundamental que desenvolven as entidades sociais como AERU para complementar o labor da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Xunta de Galicia. “As asociacións como esta son imprescindibles para chegar a cada recuncho do país e garantir que quen volve teña a man tendida que precisa no momento máis decisivo”, sinalou.

A Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia leva máis dunha década traballando pola defensa dos dereitos das persoas retornadas e das súas familias, canalizando as súas inquedanzas e ofrecendo solucións adaptadas á realidade de cada caso.

437 lecturas